Presentamos un novo número do boletín Impacto, dedicado ao número de citas e o impacto normalizado acadados polos artigos publicados polos membros da Universidade de Vigo entre 2008 e 2019 e indexados en WOS. Ademais dunha breve referencia ao uso do número de citas como indicador bibliométrico, achegamos: para cada ámbito temático, o artigo que acadou un número de citas máis elevado en WOS a distribución relativa das citas recibidas polos artigos segundo o ámbito temático no que están clasificados os artigos citados para cada ámbito temático, a distribución dos artigos segundo o impacto normalizado (CNCI) acadado en WOS A información que ofrecemos neste boletín é unha escolma dun estudo elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos, que está accesible na guía de Informes e estudos bibliométricos da Biblioteca Universitaria.