A Área de Servizos Bibliométricos da Universidade de Vigo realizou un estudo sobre as publicacións científicas sobre astronomía e astrofísica, con especial atención ás asinadas por membros da Universidade de Vigo. Este estudo baséase nas publicacións indexadas en Web of Science (WOS) e na base de datos SAO/NASA Astrophysics Data System (ADS). Ofrecemos aquí unha selección dos datos obtidos nese estudo. Este boletín, ademais, forma parte das exposicións e actividades que organiza a Biblioteca para a Noite das Persoas Investigadoras (G-Night), que se celebra o 24 de setembro de 2021.